top of page
Actividades
Actividades no Local de Música


Apertura de inscricións: A nova edición de Xeración Sónica busca talentos entre 13 e 16 anos
Se tes entre 13 e 16 anos e soñaches con levar adiante un proxecto musical, audiovisual ou creativo, esta é a túa ocasión: o Concello de Pontevedra acaba de abrir o prazo para inscribirte en Xeración Sónica 2025-2026.
15 oct


Curso gratuíto de Produción Musical con Ableton Live
Se sempre quixeches aprender a crear e gravar a túa propia música, agora tes a oportunidade perfecta! No Local de Música lanzamos un ano máis o Curso de Produción Musical con Ableton Live, unha formación práctica pensada para persoas mozas que queiran dar os seus primeiros pasos no mundo da produción musical.
15 sept


Son da Serea 2025: novo ciclo no Local de Música de Pontevedra
o Son da Serea presenta un cartaz que unirá xeracións, xa que contamos con Brutal, unha banda de metal moi veterana na escena Pontevedresa xunto con futuras promesas que están medrando no Local de Música como: Junne, Malo Será, Ape Habit, Rager ou Sudden Ray Of Hope.
5 sept


LDM Synth Community do Local de Música no Senda Festival 2025: música electrónica, liberdade e natureza na Illa das Esculturas de Pontevedra
Un dos puntos máis interesantes desta edición será a nosa participación co novo proxecto LDM Synth Community: unha comunidade de aprendizaxe en torno á música electrónica feita con máquinas, que transforma a experimentación sonora nun punto de encontro.
3 jul


3 actividades de Ponteverán no Local de Música
O programa Ponteverán 2025, impulsado polo Concello de Pontevedra, desenvolverase entre o 30 de xuño e o 31 de agosto, cunha oferta de 18 actividades de balde para mozas e mozos de 4 a 25 anos. Dentro desta ampla programación, o Local de Música convértese nun dos principais focos creativos do verán, ofrecendo obradoiros únicos de teatro, canto e "fábrica de singles".
23 jun


Ensaio Xeral Vol. 05: Junne
Junne chegan co seu "metal, nu metal, groove metal, música pesada ou como queiras chamalo" a poñer patas arriba a próxima entrega de Ensaio Xeral. Son o relevo local a bandas dos 2000s como Korn ou Limp Bizkit: gorra pa'tras, liñas de baixo contundentes e guitarras moi graves, xa sabedes como vai a cousa.
9 jun


Ensaio Xeral Vol. 04: Clavo
Clavo aposta por un punk sen filtros, con letras afiadas e unha posta en escena directa, que bebe de referencias clásicas como Eskorbuto ou Parálisis Permanente, sen esquecer sons máis actuais como os de Rata Negra.
O seu estilo encaixa á perfección coa filosofía do Ensaio Xeral: música auténtica e feita por xente nova con ganas de expresarse. Se che gusta o punk sen concesións, esta é unha oportunidade perfecta para ver como se constrúe unha banda dende dentro.
15 may


Curso de Iniciación a DJ: aprende a pinchar dende cero no Local de Música
Se queres aprender a pinchar música, mesturar sesións e entender o funcionamento do equipamento básico dunha cabina, o Curso de Iniciación á DJ do Local de Músicaé para ti. Un curso práctico, gratuíto e pensado para mocidade con ganas de experimentar coa música electrónica ou os seus xéneros favoritos dende o outro lado dos pratos.
10 may


Curso de Produción de Eventos Musicais en Pontevedra: Aprende a organizar concertos desde cero
Se che apaixoa a música e sempre te preguntaches que hai detrás da organización dun festival ou dun concerto, esta é a túa oportunidade. O vindeiro 10 de maio de 2025 comeza en Pontevedra o Curso de Organización e Produción de Eventos Musicais, unha formación 100% gratuíta, presencial e práctica, pensada para persoas mozas que queiran iniciarse no mundo da xestión e produción musical.
2 may


Ensaio Xeral Vol.03: Sudden Ray of Hope
O ciclo Ensaio Xeral continúa medrando coa súa terceira edición, e nesta ocasión, a protagonista será Sudden Ray of Hope, unha banda local que destaca pola súa capacidade de crear atmosferas intensas, cheas de capas sonoras, texturas complexas e unha aposta firme pola experimentación musical.
29 abr


CONVIVIO 2025 no Local de Música
O sábado 3 de maio o Local de Música convértese nun punto de encontro especial para toda a comunidade musical de Pontevedra. Máis alá...
25 abr


Ensaio Xeral Vol.02: Brasa
Este mes chega Brasa a Ensaio Xeral, unha banda saída da fusión de Rek e Vermes, dous proxectos que xa fixeron ruído en Xeración Sónica.
31 mar


Iniciación a DJ: un éxito rotundo no Local de Música
No Local de Música pechamos con gran éxito a actividade de iniciación a DJ, unha proposta formativa dentro das actividades de Noites Abertas
31 mar


Queres gravarte en directo? Participa en Ensaio Xeral
No Local de Música de Pontevedra cremos no poder da música como ferramenta de aprendizaxe, expresión e conexión. Con este obxectivo en...
31 mar


Ensaio Xeral Vol.01: Insomnia
A primeira edición de Ensaio Xeral xa ten protagonistas: Insomnia, unha banda que chega con forza para inaugurar esta nova iniciativa do...
31 mar
bottom of page