Curso gratuíto de Produción Musical con Ableton Live
- Alexandre Balea Grela
- 15 sept
- 1 Min. de lectura
Se sempre quixeches aprender a crear e gravar a túa propia música, agora tes a oportunidade perfecta! No Local de Música lanzamos un ano máis o Curso de Produción Musical con Ableton Live, unha formación práctica pensada para persoas mozas que queiran dar os seus primeiros pasos no mundo da produción musical.

Que vas aprender neste curso?
Como comezar a producir música en Ableton Live, un dos programas máis usados en estudos profesionais.
Técnicas básicas e avanzadas para compoñer, gravar e estruturar temas propios.
O uso das ferramentas principais para a creación musical en estudo.
👉 Non precisas experiencia previa: comezaremos dende cero e avanzaremos paso a paso ata dominar conceptos máis complexos.
Información do curso
Duración: 36 horas presenciais.
Datas: todos os mércores, de 16:30 a 19:30, do 1 de outubro ao 17 de decembro.
Modalidade: presencial no Local de Música + contidos en liña e actividades prácticas.
Prezo: curso de balde
Prazas limitadas: só 10 prazas dispoñibles.
Requisitos de participación
A selección priorizará ás persoas que cumpran estes criterios:
Ter entre 18 e 35 anos.
Residir en Pontevedra ou estar matriculada/o nun centro de estudos da cidade.
Ser usuaria/o actual ou pasada/o do Local de Música.
Compromiso de asistencia a todas as clases.
Se es unha das persoas seleccionadas, contactaremos contigo directamente.
Como participar
As prazas son limitadas, así que non perdas tempo! Inscríbete aquí a través do formulario de preselección



Comentarios