top of page
Novas
Novas do Local de Música


Apertura de inscricións: A nova edición de Xeración Sónica busca talentos entre 13 e 16 anos
Se tes entre 13 e 16 anos e soñaches con levar adiante un proxecto musical, audiovisual ou creativo, esta é a túa ocasión: o Concello de Pontevedra acaba de abrir o prazo para inscribirte en Xeración Sónica 2025-2026.
15 oct


Volve a LDM Synth Community: a comunidade de sintetizadores do Local de Música
No Local de Música de Pontevedra reactivamos co inicio do novo curso a comunidade de sintes (LDM Synth Community): unha comunidade pensada tanto para persoas con curiosidade polo mundo dos sintetizadores, sintetizadores modulares, drum machines e música electrónica en xeral.
15 sept


Curso gratuíto de Produción Musical con Ableton Live
Se sempre quixeches aprender a crear e gravar a túa propia música, agora tes a oportunidade perfecta! No Local de Música lanzamos un ano máis o Curso de Produción Musical con Ableton Live, unha formación práctica pensada para persoas mozas que queiran dar os seus primeiros pasos no mundo da produción musical.
15 sept


🎵 Festas de Verán Pontevedra 2025: programación de concertos para un verán inesquecible
O verán en Pontevedra convértese nun gran escenario cheo de música e cultura. As Festas de Verán Pontevedra 2025 chegan cargadas de concertos para todos os gustos: pop, rock, jazz, blues, música tradicional, artistas internacionais e grandes festivais. Descubre aquí os concertos máis destacados que non podes perder este verán!
15 jul


Ensaio Xeral Vol. 05: Junne
Junne chegan co seu "metal, nu metal, groove metal, música pesada ou como queiras chamalo" a poñer patas arriba a próxima entrega de Ensaio Xeral. Son o relevo local a bandas dos 2000s como Korn ou Limp Bizkit: gorra pa'tras, liñas de baixo contundentes e guitarras moi graves, xa sabedes como vai a cousa.
9 jun


As recomendacións musicais do Local de Música para maio de 2025
Tal e como anunciamos o mes pasado no Local de Música de Pontevedra somos de crear pero tamén de compartir música. Así que aquí está a segunda entrega de recomendacións musicais feitas por usuarias e usuarios do Local. Unha vez más a selección e variada, así que tomade nota:
26 may


Únete á canle de WhatsApp do Local para enterarte das novidades
Se queres estar ao día de todo o que pasa no Local de Música, agora é máis fácil ca nunca. Xa está activa a nosa canle de WhatsApp, un espazo directo e sen ruído onde compartiremos as novidades, actividades, convocatorias e contidos do Local.
23 may


Ensaio Xeral Vol. 04: Clavo
Clavo aposta por un punk sen filtros, con letras afiadas e unha posta en escena directa, que bebe de referencias clásicas como Eskorbuto ou Parálisis Permanente, sen esquecer sons máis actuais como os de Rata Negra.
O seu estilo encaixa á perfección coa filosofía do Ensaio Xeral: música auténtica e feita por xente nova con ganas de expresarse. Se che gusta o punk sen concesións, esta é unha oportunidade perfecta para ver como se constrúe unha banda dende dentro.
15 may


As recomendacións musicais do Local de Música para abril de 2025
No Local de Música de Pontevedra somos de crear pero tamén de compartir música. A partir de agora cada mes, preguntaremos á nosa...
24 abr


Descobren unha posible causa do tinnitus: o cerebro “sube o volume” ante a perda auditiva
O tinnitus, tamén coñecido como acúfenos, é a percepción dun zumbido ou pitido nos oídos sen que exista unha fonte externa de son. Afecta a millóns de persoas en todo o mundo e, ata o de agora, a súa causa exacta non estaba completamente clara.
15 abr


Jennifer Lopez actuará en Pontevedra o 8 de xullo de 2025
Jennifer Lopez, a coñecida cantante, actriz e bailarina estadounidense, anunciou a súa esperada volta a España no verán de 2025 coa súa xira "Up All Night Live In 2025". Esta serie de concertos inclúe unha actuación en Pontevedra o 8 de xullo, seguida de Cádiz (10 de xullo), Málaga (11), Madrid (13), Barcelona (15) e Bilbao (16).
10 abr


Premios Provinciais á Xuventude: unha oportunidade para a mocidade creativa
A Deputación de Pontevedra convoca unha nova edición dos Premios Provinciais á Xuventude.
31 mar
bottom of page