Ensaio Xeral Vol. 05: Junne
- Alexandre Balea Grela
- 6 days ago
- 1 min read
O próximo venres 13 de xuño ás 16:00 o Local de Música acolle unha nova sesión do ciclo Ensaio Xeral, e desta volta o protagonismo é para Junne, unha banda moi nova de nu-metal. Este proxecto chega ao escenario do Ensaio Xeral para ofrecer un ensaio aberto ao público e vivir a experiencia dunha gravación en directo. A cita é, como sempre, gratuíta e aberta a toda a mocidade interesada en vivir a música desde dentro.
Junne chegan co seu "metal, nu metal, groove metal, música pesada ou como queiras chamalo" a poñer patas arriba a próxima entrega de Ensaio Xeral. Son o relevo local a bandas dos 2000s como Korn ou Limp Bizkit: gorra pa'tras, liñas de baixo contundentes e guitarras moi graves, xa sabedes como vai a cousa.

Unha experiencia formativa para as bandas novas
O ciclo Ensaio Xeral é unha iniciativa do Local de Música que busca dar visibilidade a bandas emerxentes de Pontevedra, ofrecéndolles a posibilidade de:
Gravar en directo o seu ensaio.
Ter contacto co público.
Aprender dos erros nun ambiente seguro e de apoio.
A maiores, serve tamén como punto de encontro para crear rede entre músicos e músicas da cidade.
Recorda, o venres 13 de xuño tes unha cita coa música en directo de Pontevedra. Non hai escusas: ven, apoia e disfruta do Ensaio Xeral no Local de Música.
Komentarze