Ensaio Xeral Vol.03: Sudden Ray of Hope
- Alexandre Balea Grela
- Apr 29
- 1 min read
Updated: Apr 30
O ciclo Ensaio Xeral continúa medrando coa súa terceira edición, e nesta ocasión, a protagonista será Sudden Ray of Hope, unha banda local que destaca pola súa capacidade de crear atmosferas intensas, cheas de capas sonoras, texturas complexas e unha aposta firme pola experimentación musical.

Unha nova sesión de Ensaio Xeral coa banda Sudden Ray of Hope: Atmosferas densas e emoción crúa no Local de Música
Sudden Ray of Hope constrúe o seu son a partir de referencias musicais potentes como Swans, Godspeed You! Black Emperor ou Mogwai. A súa proposta bebe do post-rock, do noise, da música ambiental e da intensidade emocional propia das bandas que apostan por a viaxe sonora máis alá da estrutura tradicional.
No seu directo, os membros traballan con diferentes capas e texturas para xerar ambientes envolventes, hipnóticos e cheos de matices.
Kommentare