top of page


Ensaio Xeral Vol. 04: Clavo
Clavo aposta por un punk sen filtros, con letras afiadas e unha posta en escena directa, que bebe de referencias clásicas como Eskorbuto ou Parálisis Permanente, sen esquecer sons máis actuais como os de Rata Negra.
O seu estilo encaixa á perfección coa filosofía do Ensaio Xeral: música auténtica e feita por xente nova con ganas de expresarse. Se che gusta o punk sen concesións, esta é unha oportunidade perfecta para ver como se constrúe unha banda dende dentro.
15 may 2025


Ensaio Xeral Vol.03: Sudden Ray of Hope
O ciclo Ensaio Xeral continúa medrando coa súa terceira edición, e nesta ocasión, a protagonista será Sudden Ray of Hope, unha banda local que destaca pola súa capacidade de crear atmosferas intensas, cheas de capas sonoras, texturas complexas e unha aposta firme pola experimentación musical.
29 abr 2025


Ensaio Xeral Vol.02: Brasa
Este mes chega Brasa a Ensaio Xeral, unha banda saída da fusión de Rek e Vermes, dous proxectos que xa fixeron ruído en Xeración Sónica.
31 mar 2025


Queres gravarte en directo? Participa en Ensaio Xeral
No Local de Música de Pontevedra cremos no poder da música como ferramenta de aprendizaxe, expresión e conexión. Con este obxectivo en mente, lanzamos unha nova iniciativa: Ensaio Xeral , unha actividade mensual pensada presentar as bandas do Local e de Pontevedra e que poidan ensinar unha mostra do seu traballo. Sala de ensaio do Local de Música de Pontevedra Que é Ensaio Xeral? Ensaio Xeral é unha oportunidade para que bandas locais teñan a experiencia dunha gravación en
31 mar 2025


Ensaio Xeral Vol.01: Insomnia
A primeira edición de Ensaio Xeral xa ten protagonistas: Insomnia, unha banda que chega con forza para inaugurar esta nova iniciativa do Local de Música. Cun son que bebe do indie-pop e da electrónica pero que xoga con influencias que van desde Amy Winehouse ata Pixies. Insomnia promete ofrecer unha experiencia musical intensa e chea de matices. A banda Insomnia no Local de Música de Pontevedra Un son entre a sutileza e a intensidade Insomnia teñen a capacidade para combin
31 mar 2025
bottom of page