Ensaio Xeral Vol.01: Insomnia
- Alexandre Balea Grela
- Mar 31
- 1 min read
A primeira edición de Ensaio Xeral xa ten protagonistas: Insomnia, unha banda que chega con forza para inaugurar esta nova iniciativa do Local de Música. Cun son que bebe do indie-pop e da electrónica pero que xoga con influencias que van desde Amy Winehouse ata Pixies. Insomnia promete ofrecer unha experiencia musical intensa e chea de matices.

A banda Insomnia no Local de Música de Pontevedra
Un son entre a sutileza e a intensidade
Insomnia teñen a capacidade para combinar distintos elementos sonoros cunha identidade propia. A súa vocalista destaca por unha voz cun rexistro moi amplo, capaz de moverse entre diferentes escalas con gran naturalidade. Ademais, a mistura de guitarra eléctrica e acústica crea un contraste perfecto
Non menos importante é o papel do teclado, que engade atmosferas e novas capas melódicas que enriquecen o conxunto, mentres que o baixo, con moito carácter, serve xunto coa percusión como columna vertebral do proxecto, dando peso e ataque.
Ensaio Xeral será unha ocasión para recibir feedback e seguir evolucionando. Grazas á gravación en vídeo e audio do seu ensaio, poderán analizar a súa posta en escena e seguir perfeccionando a súa proposta musical.
Se queres descubrir talento local e apoiar a escena musical emerxente, non perdas de vista o Ensaio Xeral. Insomnia será a encargada de inaugurar esta actividade e estamos seguros de que vos sorprenderán.
Comments