top of page
O que ven


CeibaRimas celebra 5 anos de freestyle e rap galego en Pontevedra: evento imperdible en outubro
O proxecto CeibaRimas, especializado no freestyle en galego, vai conmemorar en Pontevedra o seu 5º aniversario cun evento pensado para visibilizar e reforzar a escena do rap improvisado en lingua galega. Trátase dun selo local que, con esforzo e coherencia, busca demostrar que “o freestyle en galego existe” e que está en plena expansión.
10 oct


Son da Serea 2025: novo ciclo no Local de Música de Pontevedra
o Son da Serea presenta un cartaz que unirá xeracións, xa que contamos con Brutal, unha banda de metal moi veterana na escena Pontevedresa xunto con futuras promesas que están medrando no Local de Música como: Junne, Malo Será, Ape Habit, Rager ou Sudden Ray Of Hope.
5 sept


LDM Synth Community do Local de Música no Senda Festival 2025: música electrónica, liberdade e natureza na Illa das Esculturas de Pontevedra
Un dos puntos máis interesantes desta edición será a nosa participación co novo proxecto LDM Synth Community: unha comunidade de aprendizaxe en torno á música electrónica feita con máquinas, que transforma a experimentación sonora nun punto de encontro.
3 jul


Ensaio Xeral Vol. 05: Junne
Junne chegan co seu "metal, nu metal, groove metal, música pesada ou como queiras chamalo" a poñer patas arriba a próxima entrega de Ensaio Xeral. Son o relevo local a bandas dos 2000s como Korn ou Limp Bizkit: gorra pa'tras, liñas de baixo contundentes e guitarras moi graves, xa sabedes como vai a cousa.
9 jun


Ensaio Xeral Vol. 04: Clavo
Clavo aposta por un punk sen filtros, con letras afiadas e unha posta en escena directa, que bebe de referencias clásicas como Eskorbuto ou Parálisis Permanente, sen esquecer sons máis actuais como os de Rata Negra.
O seu estilo encaixa á perfección coa filosofía do Ensaio Xeral: música auténtica e feita por xente nova con ganas de expresarse. Se che gusta o punk sen concesións, esta é unha oportunidade perfecta para ver como se constrúe unha banda dende dentro.
15 may


Curso de Iniciación a DJ: aprende a pinchar dende cero no Local de Música
Se queres aprender a pinchar música, mesturar sesións e entender o funcionamento do equipamento básico dunha cabina, o Curso de Iniciación á DJ do Local de Músicaé para ti. Un curso práctico, gratuíto e pensado para mocidade con ganas de experimentar coa música electrónica ou os seus xéneros favoritos dende o outro lado dos pratos.
10 may


Curso de Produción de Eventos Musicais en Pontevedra: Aprende a organizar concertos desde cero
Se che apaixoa a música e sempre te preguntaches que hai detrás da organización dun festival ou dun concerto, esta é a túa oportunidade. O vindeiro 10 de maio de 2025 comeza en Pontevedra o Curso de Organización e Produción de Eventos Musicais, unha formación 100% gratuíta, presencial e práctica, pensada para persoas mozas que queiran iniciarse no mundo da xestión e produción musical.
2 may


Jennifer Lopez actuará en Pontevedra o 8 de xullo de 2025
Jennifer Lopez, a coñecida cantante, actriz e bailarina estadounidense, anunciou a súa esperada volta a España no verán de 2025 coa súa xira "Up All Night Live In 2025". Esta serie de concertos inclúe unha actuación en Pontevedra o 8 de xullo, seguida de Cádiz (10 de xullo), Málaga (11), Madrid (13), Barcelona (15) e Bilbao (16).
10 abr


Ben Veñas Maio: 3.750 euros en premios para a creatividade en lingua galega
O certame "Ben Veñas, Maio" regresa en 2025 con forzas renovadas para impulsar a creatividade da mocidade en lingua galega.
31 mar


As Tanxugueiras nos faladoiros feministas en Pontevedra: deporte, política e cultura con voces destacadas
O ciclo consta de tres encontros, todos eles na sala multiusos do Teatro Principal con acceso libre ata completar aforo. As temáticas aborda
31 mar


31 mar
bottom of page