top of page

Ponteverán 2026: Descubre os obradoiros de música, teatro e arte sonora gratuítos no Local de Música

  • hace 1 día
  • 2 Min. de lectura

O programa Ponteverán 2026, impulsado polo Concello de Pontevedra, desenvolverase entre os meses de xullo e agosto, cunha oferta de máis de 20 actividades de balde para mozas e mozos de 4 a 35 anos. Dentro desta ampla programación, o Local de Música convértese nun dos principais focos creativos do verán, ofrecendo obradoiros únicos de teatro, canto, "fábrica de singles" e como novidade este ano Laboratorio de Arte Sonora.



Campamentos Urbanos para nenos e nenas (8 a 12 anos)

Para os máis pequenos da casa que queiran explorar a súa faceta máis artística, o Local de Música ofrece dous campamentos urbanos temáticos:


Teatreirxs, deseñando a nosa compañía de teatro

Un espazo para coñecer a realidade das artes escénicas desde dentro. Os participantes aprenderán a interpretar, crear, xogar coa improvisación, imaxinar e expresarse de xeito libre.

  • Datas: Do 6 ao 10 de xullo.

  • Horario: De 9:30 a 13:30 horas.


Xogando coa música

Unha proposta para aprender a cantar e experimentar con diferentes instrumentos musicais. Todo isto mentres descobren anécdotas divertidas da historia da música e das súas compositoras e compositores a través do xogo.

  • Datas: Do 27 do 31 de xullo.

  • Horario: De 10:00 a 14:00 horas.


Obradoiros Creativos para adolescentes (13 a 14 anos)


A Fábrica de Singles

Este obradoiro fusiona a música e o mundo audiovisual. Os mozos e mozas aprenderán a compoñer e gravar temas orixinais con letras de temática social. Ademais, implicaranse directamente na gravación de videoclips e na creación de contidos para redes sociais desde a propia actividade.

  • Datas: Do 13 ao 17 de xullo.

  • Horario: De 10:00 a 14:00 horas.


Formación especializada para mozos e mozas (15 a 35 anos)


Teatros do Mundo: Aula de Teatro (15 a 30 anos)

A oportunidade perfecta para iniciarse nas artes escénicas. Cada xornada dedicarase a unha forma interpretativa diferente do mundo, culminando coa creación de pequenas pezas e experimentando todo o proceso real que vive unha compañía de teatro profesional.

  • Datas: Do 20 ao 24 de xullo.

  • Horario: De 10:00 a 14:00 horas.


Laboratorio de Arte Sonora (16 a 35 anos) — ¡Gran Novidade!

A gran estrea deste Ponteverán 2026. Neste laboratorio aprenderase a usar o son como unha ferramenta de creación pura. Os alumnos aprenderán a escoitar, gravar, transformar e artellar pezas de deseño sonoro propias mediante a improvisación e a exploración da nosa contorna.

  • Datas: Do 13 ao 16 de xullo.

  • Horario: De 16:00 a 20:00 horas.


Como inscribirse nas actividades do Ponteverán?

Lembra que todas as actividades programadas no Local de Música dentro do Ponteverán 2026 son gratuítas, pero requiren de inscrición previa xa que as prazas son estritas para garantir a calidade dos obradoiros.


Para asegurar o teu oco ou o dos teus fillos, debes facer a solicitude a través da plataforma oficial do Concello en: apuntate.pontevedra.gal.

Comentarios


bottom of page