Ensaio Xeral Vol.02: Brasa
- Alexandre Balea Grela
- Mar 31
- 1 min read
Este mes chega Brasa a Ensaio Xeral, unha banda saída da fusión de Rek e Vermes, dous proxectos que xa fixeron ruído en Xeración Sónica. Agora únense para darlle forma a un novo son máis propio. Eles defínense como rock-pop con toques de indie.

No Local de Música preparámonos para acoller un novo ensaio aberto, esta vez con Brasa por protagonistas, unha banda que nace da fusión de dúas formacións procedentes do proxecto Xeración Sónica: Rek e Vermes. Con influencias do rock alternativo e o pop, o grupo aposta por un son fresco pero con carácter, combinando voces con melodías e harmonías moi coidadas cunha base instrumental potente.
O grupo conta cunha formación atípica de seis integrantes todos eles moi novos, son tres guitarristas e unha teclista, unha baxista, e un bateria, engadindo a esto todo tipo de voces e coros. Estructura pouco habitual pero que lles permite explorar unha paleta sonora máis ampla e rica en matices. Esta combinación engade capas de texturas ás súas cancións, facendo que o seu son sexa máis colorido e dinámico.
Que esperar do seu Ensaio Xeral?
Este ensaio aberto será unha oportunidade única para coñecer a esencia de Brasa en directo. Como parte da iniciativa Ensaio Xeral, os asistentes poderán ver como traballan as súas cancións en tempo real, observar a súa dinámica como banda e incluso aportar feedback.
Comentários