top of page

Queres gravarte en directo? Participa en Ensaio Xeral

No Local de Música de Pontevedra cremos no poder da música como ferramenta de aprendizaxe, expresión e conexión. Con este obxectivo en mente, lanzamos unha nova iniciativa: Ensaio Xeral, unha actividade mensual pensada presentar as bandas do Local e de Pontevedra e que poidan ensinar unha mostra do seu traballo. 


Sala de ensaio do Local de Música de Pontevedra
Sala de ensaio do Local de Música de Pontevedra

Que é Ensaio Xeral? 

Ensaio Xeral é unha oportunidade para que bandas locais teñan a experiencia dunha gravación en directo real, pero nun ambiente controlado. A maiores suma a posibilidade de abrir un ensaio a un público composto por amizades, familiares ou persoas interesadas en descubrir nova música. Este formato permítelles aos músicos enfrontarse a un escenario sen a presión dun concerto oficial, pero coa posibilidade de sentir a enerxía e o feedback da audiencia. 


Unha experiencia de aprendizaxe completa 

A diferenza doutros ensaios convencionais, cada sesión de Ensaio Xeral será gravada. Deste xeito, os grupos terán material para revisar a seu trabllo, detectar erros e analizar aspectos técnicos. Este exercicio de autoavaliación é fundamental para toda disciplina e para o crecemento artístico e profesional de calquera banda. 


Un evento mensual aberto a todos 

A actividade terá unha periodicidade mensual e estará aberta a todas as bandas que ensaien no Local de Música. A idea é que cada edición sexa unha oportunidade para descubrir novos talentos locais, fomentar a conexión entre músicos e crear unha comunidade arredor da música emerxente. Ademais, antes de cada Ensaio Xeral publicaremos unha pequena presentación en vídeo da banda protagonista, para que o público coñeza mellor o seu proxecto. 


Como podes participar? 

Se tes unha banda e queres participar en Ensaio Xeral, simplemente ponte en contacto con nos. A selección farase de forma rotativa para dar espazo ao maior número posible de bandas ao longo do ano. 

Convidámoste a formar parte desta iniciativa que busca apoiar o talento local tanto, xa sexa como artista ou como público e consolidar un pouco máis a escea musical emerxente da nosa cidade. Agardámoste en Ensaio Xeral! 

Commentaires


bottom of page