top of page


Curso gratuíto de Produción Musical con Ableton Live
Se sempre quixeches aprender a crear e gravar a túa propia música, agora tes a oportunidade perfecta! No Local de Música lanzamos un ano máis o Curso de Produción Musical con Ableton Live, unha formación práctica pensada para persoas mozas que queiran dar os seus primeiros pasos no mundo da produción musical.
15 sept


Son da Serea 2025: novo ciclo no Local de Música de Pontevedra
o Son da Serea presenta un cartaz que unirá xeracións, xa que contamos con Brutal, unha banda de metal moi veterana na escena Pontevedresa xunto con futuras promesas que están medrando no Local de Música como: Junne, Malo Será, Ape Habit, Rager ou Sudden Ray Of Hope.
5 sept


As recomendacións musicais do Local de Música para maio de 2025
Tal e como anunciamos o mes pasado no Local de Música de Pontevedra somos de crear pero tamén de compartir música. Así que aquí está a segunda entrega de recomendacións musicais feitas por usuarias e usuarios do Local. Unha vez más a selección e variada, así que tomade nota:
26 may


Únete á canle de WhatsApp do Local para enterarte das novidades
Se queres estar ao día de todo o que pasa no Local de Música, agora é máis fácil ca nunca. Xa está activa a nosa canle de WhatsApp, un espazo directo e sen ruído onde compartiremos as novidades, actividades, convocatorias e contidos do Local.
23 may


Curso de Iniciación a DJ: aprende a pinchar dende cero no Local de Música
Se queres aprender a pinchar música, mesturar sesións e entender o funcionamento do equipamento básico dunha cabina, o Curso de Iniciación á DJ do Local de Músicaé para ti. Un curso práctico, gratuíto e pensado para mocidade con ganas de experimentar coa música electrónica ou os seus xéneros favoritos dende o outro lado dos pratos.
10 may


Ensaio Xeral Vol.03: Sudden Ray of Hope
O ciclo Ensaio Xeral continúa medrando coa súa terceira edición, e nesta ocasión, a protagonista será Sudden Ray of Hope, unha banda local que destaca pola súa capacidade de crear atmosferas intensas, cheas de capas sonoras, texturas complexas e unha aposta firme pola experimentación musical.
29 abr


CONVIVIO 2025 no Local de Música
O sábado 3 de maio o Local de Música convértese nun punto de encontro especial para toda a comunidade musical de Pontevedra. Máis alá...
25 abr
bottom of page