top of page

Volve a LDM Synth Community: a comunidade de sintetizadores do Local de Música

No Local de Música de Pontevedra reactivamos co inicio do novo curso a comunidade de sintes (LDM Synth Community): unha comunidade pensada tanto para persoas con curiosidade polo mundo dos sintetizadores, sintetizadores modulares, drum machines e música electrónica en xeral.


ree

O o próximo mércores 24 de setembro ás 18:00 teremos un encontro aberto onde trazaremos plans e falaremos de novas posibilidades dentro da comunidade:


Un espazo aberto para aprender e compartir

A LDM Synth Community é un espazo participativo e gratuíto, no que non fai falta experiencia previa. Se tes un sintetizador, podes traelo e probar cousas en grupo; e se non tes, tamén podes participar, aprender e coñecer xente con gustos afíns. O obxectivo é sinxelo: aprender xuntos, experimentar con son e crear comunidade.


Para quen é este encontro?

  • Persoas que están empezando co seu primeiro sinte.

  • Xente con experiencia que queira compartir coñecementos.

  • Afeccionados á música electrónica que buscan inspiración e novas conexións.

  • Calquera persoa con ganas de coñecer o universo sonoro dos sintetizadores.


Onde e cando?

📍 Local de Música de Pontevedra

📅 Mércores 24 de setembro

⏰ 18:00 h


Se che interesa a música electrónica, a creación de son e a experimentación, non perdas esta oportunidade de formar parte da LDM Synth Community.

Comentarios


bottom of page