top of page

CONVIVIO 2025 no Local de Música

O sábado 3 de maio o Local de Música convértese nun punto de encontro especial para toda a comunidade musical de Pontevedra. Máis alá dos ensaios e da actividade diaria, queremos abrir as portas a un espazo de convivio onde compartir ideas, proxectos e experiencias.



O convivio do Local nace coa vontade de reforzar o espírito comunitario que dá sentido a este espazo público: un lugar vivo, participativo e en constante transformación grazas ás persoas que o habitan cada día.


Durante a xornada haberá tempo para falar dos proxectos que se desenvolven semanalmente nos nosos locais de ensaio, descubrir sinerxías entre bandas e solistas, intercambiar coñecementos e soños, e poñer en común intereses que nos unen como comunidade creativa.


Ademais, gardamos algunha sorpresa especial que presentaremos durante o convivio e que forma parte das novas iniciativas que estamos preparando para este ano. 🫢


Por que participar?

  • Coñecer outras persoas músicas e proxectos locais.

  • Facer rede e buscar colaboracións.

  • Contribuír a mellorar o funcionamento e programación do Local.

  • Estar ao día das novidades e participar activamente no deseño do espazo.


Se cres na música como ferramenta de transformación e queres formar parte dunha comunidade aberta, creativa e solidaria, vémonos o sábado 3 de maio a partir das 12:00 no Local.

Comments


bottom of page