O sábado 3 de maio o Local de Música convértese nun punto de encontro especial para toda a comunidade musical de Pontevedra. Máis alá dos ensaios e da actividade diaria, queremos abrir as portas a un espazo de convivio onde compartir ideas, proxectos e experiencias. O convivio do Local nace coa vontade de reforzar o espírito comunitario que dá sentido a este espazo público: un lugar vivo, participativo e en constante transformación grazas ás persoas que o habitan cada día.