top of page


Son da Serea 2025: novo ciclo no Local de Música de Pontevedra
o Son da Serea presenta un cartaz que unirá xeracións, xa que contamos con Brutal, unha banda de metal moi veterana na escena Pontevedresa xunto con futuras promesas que están medrando no Local de Música como: Junne, Malo Será, Ape Habit, Rager ou Sudden Ray Of Hope.
5 sept


Ensaio Xeral Vol. 04: Clavo
Clavo aposta por un punk sen filtros, con letras afiadas e unha posta en escena directa, que bebe de referencias clásicas como Eskorbuto ou Parálisis Permanente, sen esquecer sons máis actuais como os de Rata Negra.
O seu estilo encaixa á perfección coa filosofía do Ensaio Xeral: música auténtica e feita por xente nova con ganas de expresarse. Se che gusta o punk sen concesións, esta é unha oportunidade perfecta para ver como se constrúe unha banda dende dentro.
15 may


Jennifer Lopez actuará en Pontevedra o 8 de xullo de 2025
Jennifer Lopez, a coñecida cantante, actriz e bailarina estadounidense, anunciou a súa esperada volta a España no verán de 2025 coa súa xira "Up All Night Live In 2025". Esta serie de concertos inclúe unha actuación en Pontevedra o 8 de xullo, seguida de Cádiz (10 de xullo), Málaga (11), Madrid (13), Barcelona (15) e Bilbao (16).
10 abr
bottom of page