top of page
DSCF1885_red.jpg

Un espazo creativo municipal (público, aberto e gratuíto) para a xuventude
onde ensaiar, formarse e
facer música en Pontevedra

Pantalón de Pana y Guitarra Eléctrica
Ensaio

O servizo de ensaio proporciona ás persoas usuarias a oportunidade de practicar e perfeccionar a súa música nunha contorna profesional e ben equipada. NORMAS


 
As salas de ensaio dispoñen dun tratamento acústico e van equipadas con instrumentos musicais e equipos de son de primeira calidade. FICHA TÉCNICA
 
As persoas usuarias poden reservar salas de ensaio a través da plataforma web, seleccionando o horario e a duración que mellor se adapte ás súas necesidades. RESERVAS.
 
Ademais, o servizo inclúe asistencia técnica e apoio por parte do persoal cualificado do Local de Música para garantir unha experiencia óptima de ensaio. EQUIPA


 

en el estudio
Formación

O servizo de formación ofrece unha ampla variedade de programas educativos e cursos de música dirixidos a persoas de todas as idades e niveis de habilidade. AXENDA.

 

Os usuarios poden inscribirse en clases presenciais ou online, impartidas por profesores especializados en diferentes disciplinas musicais.

 

A aula virtual  proporciona información detallada sobre os cursos dispoñibles. AULA VIRTUAL.

 

Ademais, os usuarios poden realizar o seguimento do seu progreso e acceder a recursos educativos adicionais a través da plataforma en liña. APP. 

Sesión de grabación
Gravación

O servizo de gravación ofrece ás persoas usuarias a posibilidade de rexistrar e producir a súa música nunha contorna profesional de estudo de gravación.

O local conta con recursos sinxelos e asequibles para as bandas que están comezando. FICHA TÉCNICA.

 

Equipado con tecnoloxía actualizada, o estudo de gravación permite capturar e editar pistas de audio de calidade, garantindo un resultado final pre-profesional.

 

O servizo inclúe a asistencia de técnicos de son experimentados para asegurar un proceso de gravación fluído e exitoso.

Non se realizan gravacións a grupos que non estén dentro dalgún dos programas formativos propios do Local. 


YOUTUBE

INFORMACIÓN BÁSICA

HORARIO DE APERTURA

  • Luns a Venres: 16:00 a 22:00

  • Sábados: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 22:00

LOCALIZACIÓN

Teléfono: 607 248 208 +WTHSP
MAIL: localdemusica@gmail.com
R/ Otero Pedraio, s/n. 36003. Pontevedra (Ao carón de Vialia)
Google Maps
Street View

REQUISITOS ACCESO PARA ENSAIAR

  • 1 Componente mínimo de Pontevedra. (Posibilidade de acceder se se está matriculada nun centro educativo de Pontevedra).

  • Idades entre os 16 e 30 anos. 

  • No caso de superar esta idade, a media do grupo non pode superar os 35 anos. 

  • CONSULTA AS NORMAS

O Local de Música é un equipamento sociocultural do Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra, creado para apoiar a creación musical de base, especialmente de artistas e grupos noveis. 

Este espazo está pensado para que a mocidade teña acceso a instalacións profesionais en condicións dignas e sen causar molestias á veciñanza. Conta cun edificio equipado con salas de ensaio e material musical de calidade. 

A súa actividade xira arredor dos servizos básicos que ofrece: ensaio, gravación de maquetas e sala de concertos. A partir destes servizos, créase un movemento dinámico de mozos e mozas cun interese común: a creación artística e musical. 

Co tempo, e cunha xestión baseada nun enfoque socioeducativo, o Local de Música evolucionou de ser só un espazo de ensaio a converterse nun referente na vida cultural comunitaria de Pontevedra. Hoxe en día, acolle non só ensaios, senón tamén cursos, concertos, exposicións e encontros de grupos e asociacións xuvenís.
DSCF9995.JPG

APP 

Descaga a APP Spaces e entérate de todas as novidades, grupos, etc..

EQUIPO

Diego Parajó

Retrato

Dirección  e xestión cultural | Educador social

Pablo Trobo

Responsable instalación | Técnico de Son

Alexandre Balea

Comunicación e redes | Comunicación Audiovisual

Mirian Viñas

Técnica de Xuventude municipal | Educadora Social.

Nacho

Coordinador de Noites Abertas | Educador social. 

Demetrio Gómez

Concelleiro de Xuventude

COLABORADORAS

Violeta Mosquera

Xeración sónica

Gonzalo Maceira

Xeración sónica

Aléx Bonobo

Xeración sónica

Roi EaranX

Curso de Sintes

Juan

Monitor en Noites Abertas

Bonnie Cooper

Monitora en Noites Abertas

Roi EaranX

Curso de Sintes

que é o Local de Música

bottom of page