Pontevedra

Visión

A nosa visión
Queremos facer do Local de Música un espazo para mediación cultural, onde a mocidade atope un terreo fértil para facer música, ensaiar, gravar, tocar, crear e difundir as súas expresións artísticas.
A nosa misión é catalizar experiencias artísticas transformadoras, impulsar a diversidade creativa e promover a igualdade de oportunidades no ámbito cultural.
Aspiramos a ser recoñecidos como un epicentro cultural xuvenil de Pontevedra, destacando pola nosa capacidade para traballar culturalmente coa mocidade.
Visualizamos un Local de Música que, ao fusionar creatividade, innovación e sustentabilidade, inspire no diálogo entre axentes, favoreza a participación e a creación colectiva.
Queremos proxectar unha imaxe a 2030 como unha das pezas esenciais do motor de cambio cultural de Pontevedra, nunha sociedade que require un tratamento transversal do desenvolvemento sostible, e que nós faremos a través da música e a creatividade.
Cremos na creatividade como forza unificadora, apostando polo orixinal, novo e o risco de creación na construción do noso discurso e contidos.
Creatividade
Comprometémonos a explorar e comprender os cambios profundos que trae a tecnoloxía e o dixital á sociedade, abordando oportunidades, dilemas éticos e potencialidades desde unha perspectiva humanística.
Innovación e vangarda
Entendemos a comunicación como unha ferramenta esencial para relacionarnos coa comunidade, priorizando estratexias directas, o feedback continuo e formatos que permitan á nosa audiencia converterse en emisores do proxecto.
Comunicación e cidadanía activa
Buscamos ampliar horizontes humanísticos a través da formación en creación sonora e música experimental, de maneira interdisciplinaria e interactiva
Educación, coñecemento aberto e divulgación
Recoñecemos o valor transcendental dos elementos artísticos, traballando con patrimonio da humanidade e esforzándonos por transmitir a súa importancia en todas as nosas actividades
Sensibilidade e respecto polas artes
Contribuímos á consolidación e crecemento do tecido artístico local, proporcionando recursos e condicións propicias para a produción e difusión da creación sonora.
Apoio ao talento e a creación artística
Consideramos esencial proporcionar igualdade de oportunidades para gozar e crear música, fomentando o acceso universal mediante novas tecnoloxías e dixitalización.