top of page

Como acceder ao servizo de ensaio

Primeiros pasos coa nova WEB

8/8/25
Benvida á nova web do Local de Música. Esta mensaxe é temporal e pretende facilitarvos o acceso aos novos servizos:

1- A web q ves da acceso a un espazo persoal. Alí tes foros, grupos, aula virtual, etc.  Este espazo persoal é para todas as persoas interesadas nas actividades do Local, e q non queren usalo para ensaiar.  Este perfil NON che da acceso á xestión dos grupos e resevas.

2-O sistema de reservas é só para as persoas que se dan de alta e cumpren as normas de acceso. No sistema de reservas terás un espazo privado distinto, que só se usa para as reservas, xestión de grupos, etc.

3-Para garantir a seguridade, deberás actualizar os teus datos e seguir as indicacións na propia web. Por exemplo, deberás acreditar a túa documentación en persoa, para evitar os rexistros falsos e de bots. 

o sistema de reservas está no subdominio reservas.localdemusica.gal 
Se xa es persoa usuaria e en activo a xullo de 2025, manterás as túas horas de ensaio.
Se non, deberás confirmar primeiro o teu perfil para poder operar. 

SISTEMA DE RESERVAS

1

Na web terás un espazo persoal onde poderás acceder a formacións, recursos, avisos, foros, etc. 
Pero non poderas reservar. Eso faise no sistema de reservas.

Son 2 rexistros distintos.

ESPAZO PERSOAL

2

Pode ser que no teu navegador sigan gardadas cookies ou elementos anteriores. Elimina accesos da web anterior e carga a nova web. 

ACTUALIZA LINKS

3

REPORTA ERROS

Se no camiño atopas erros ou bugs, reportanos esa información para poder 

4

REQUISITOS XERAIS

Mocidade de 16 (ou cumplilos no ano en curso) a 30 anos,

  1. Poderá ampliarse a bandas onde, existindo compoñentes maiores de 30, a media de idade nos supere os 35 anos. En calquera caso, as persoas que non cumpran o requisito non poderán superar o 50% da banda.
  2. Que polo menos unha persoa do grupo estea empadroada no Concello de Pontevedra, ou cun xustificante de matrícula nun centro de estudos de Pontevedra ou cun permiso de residencia no Concello de Pontevedra. (Deberase acreditar esta condición no proceso de rexistro).

Unha vez que te rexistres na web, terás que pasar polo local coa documentación para verificar que es unha persoa e non un bot. 

__ 

ADMINISTRAR UNHA BANDA OU SOLISTA:

Cada banda/grupo/solista terá que ser creado por unha persoa administradora. Primeiro deberá configurar os seus datos como usuaria con permisos de administradora no sistema de reservas.

 

Para administrar unha banda ou solista cómpre facer a inscrición web, cumprir os requisitos (idade e padrón):

  • Cubrir todos os datos de inscripción na web.

  • Datos do volante de empadroamento en Pontevedra, ou no seu defecto, permiso de estudante ou de residencia.

  • DNI.

  • Ao inicio da actividade cotexaranse os datos presencialmente coa persoa responsable do Local para verificar a súa autenticidade. De non selo, a persoa / banda non poderá acceder ao servizo.

 

Administrar unha banda da permisos para:

  • Crear grupos.

  • Engadir membros ao grupo.

  • Solicitar horario permanente (reservas periódicas).

  • Solicitar horario puntual.

  • Acceder aos servizos e actividades do Local.

  • Crear novas bandas.

As persoas que non cumplan os requisitos de idade e padrón / centro de estudios non poderán obter o perfil de administradoras de bandas.

 

É o persoal do Local o que incorpora persoas rexistradas no sistema ás bandas/solistas existentes previamente.

bottom of page