O proxecto CeibaRimas, especializado no freestyle en galego, vai conmemorar en Pontevedra o seu 5º aniversario cun evento pensado para visibilizar e reforzar a escena do rap improvisado en lingua galega. Trátase dun selo local que, con esforzo e coherencia, busca demostrar que “o freestyle en galego existe” e que está en plena expansión.