Se che apaixoa a música e sempre te preguntaches que hai detrás da organización dun festival ou dun concerto, esta é a túa oportunidade. O vindeiro 10 de maio de 2025 comeza en Pontevedra o Curso de Organización e Produción de Eventos Musicais, unha formación 100% gratuíta, presencial e práctica, pensada para persoas mozas que queiran iniciarse no mundo da xestión e produción musical.