top of page

Como reservar salas

localdemusica.gal

Esta é a web principal do Local. Nela atoparás información e poderás facer un perfil privado que che dará acceso a recursos como foro, aula virtual, tablón de anuncios, etc. 

​

Esta zona pensouse para todas as persoas que queren participar en actividades, distintas ao ensaio, é dicir, que non precisan das salas para ensaiar. 

​

Este perfil NON DA ACCESO ao sistema de reservas. 

reservas.localdemusica.gal

Estamos en fase BETA, así que é probable que existan erros de programación. Avísanos ou pídenos axuda. 

Esta é a web de reservas. Nela poderás facer un rexistro que che dará acceso á creación dun grupo/s, solicitude de reservas puntuais ou periódicas, etc.

Nas NORMAS do local atoparás toda a explicación.

 

Cada banda/solista deberá asignar unha persoa Administradora, quen dará de alta aos grupos. Esta persoa debe cumprir sempre os requisitos xerais. 

​

De seguido tes un resumo.

  • TELÉFONO MÓVIL

    LOCALDEMUSICA.COM

    Nesta web localdemusica.gal poderás ver todas as actividades que se desenvolven no Local de Música. Terás un espazo privado para participar. 

    ​

    Non todo o mundo quere usar o local para ensaiar, pero si para informarse, facer cursos ou participar nos grupos. Este é un espazo aberto para toda a mocidade de Pontevedra. 

  • Gente de tecnología

    Quero ensaiar

    Se o que queres é ensaiar, o proceso é este:

    ​

    REXISTRO DE ADMINISTRADORA E CREACIÓN DE GRUPO

    1- Rexístrate na WEB de RESERVAS  reservas.localdemusica.gal. Cubre os teus datos (maiores de 16) e solicitar ser ADMINISTRADORA DE GRUPOS (para crear grupos e facer reservas).
    2- Deberás pasar polo local co teu DNI para amosar que eres humana real e de Pontevedra.  Se non es de Pontevedra, pero estás matriculada nun centro de estudos do concello, deberás traer algún documento que o acredite.
    3- O persoal do Local verificará a túa identidade e axudarache a seleccionar as horas máis adecuadas para reservar.

    ​

    INCORPORACIÓN DE PERSOAS AO GRUPO
    4- Despois deberán de darse de dar de alta o resto de persoas componentes do grupo. No local sumarémolas ao teu grupo. 

  • Gente de tecnología

    preguntas habituais

    Quen pode usar o Local de Música?
    Calquera persoa nova ou grupo formado por xente moza (16-30 anos) que estea interesada na creación musical. Non importa o estilo nin a experiencia previa: o importante é ter ganas de crear.

    ​

    Como podo reservar unha sala de ensaio?
    As reservas fanse a través sistema de reservas online . Podes consultar os horarios dispoñibles na web ou preguntarnos directamente.

    ​

    Canto custa usar o Local?
    O uso das salas é gratuíto, mais hai que respectar as normas de uso e os horarios establecidos. Se se producen desperfectos no material, haberá que repoñelos.

    ​

    Que equipo hai dispoñible?
    Cada sala conta con equipo de son (PA), micrófonos, sistema de gravación, amplificadores de guitarra e baixo, e mesmo un sintetizador. Só tes que traer o teu instrumento persoal e as ganas de tocar.

    ​

    Podo gravar as miñas maquetas aquí?
    Si! O Local ofrece a posibilidade de gravar maquetas co apoio técnico necesario aos grupos que ensaian aquí. Pero sempre dentro dos programas formativos e de acompañamanto aos grupos. Non queremos facer unha competencia desleal aos estudios da vila. 

    ​

    Organizades cursos ou obradoiros?
    Si. Ao longo do ano organizamos formacións sobre produción musical, son en directo, sintetizadores, composición… Estade atentos/as ás redes sociais e á web para non perder nada.

    ​

    Pódese dar concertos no Local?
    Por suposto! Temos unha sala preparada para pequenos concertos e showcases. Se tes unha proposta, escríbenos e falamos. 

    ​

    ​

    Hai que ser de Pontevedra para participar?
    Non é imprescindible, pero priorizamos os proxectos de artistas e grupos vinculados ao municipio. Iso si, todas as persoas son benvidas!

bottom of page