top of page
Son da Serea
Son da Serea

sáb, 20 sept

|

Pontevedra

Son da Serea

O Son da Serea presenta un cartaz que unirá xeracións, xa que contamos con Brutal, unha banda de metal moi veterana na escena Pontevedresa xunto con futuras promesas que están medrando no Local de Música como: Junne, Malo Será, Ape Habit, Rager ou Sudden Ray Of Hope

Horario e ubicación

20 sept 2025, 16:00

Pontevedra, Otero Pedraio S/N Ao carón de Vialia, 36003 Pontevedra, España

Acerca do evento

No Local de Música de Pontevedra reabriremos as portas despois das vacacións de verán o próximo 8 se setembro e para celebralo temos unha gran festa de benvida o 20 de setembro que servirá para marcar tamén o inicio do novo curso. Será unha ocasión especial para volver a encher as instalacións e celebrar con música en directo o arranque dunha nova tempada de ensaios, actividades e concertos.


Nesta ocasión o Son da Serea presenta un cartaz que unirá xeracións, xa que contamos con Brutal, unha banda de metal moi veterana na escena Pontevedresa xunto con futuras promesas que están medrando no Local de Música como: Junne, Malo Será, Ape Habit, Rager ou Sudden Ray Of Hope.


O Son da Serea é moito máis que un concerto: é a culminación dun proceso de formación formación e tutorización que o Local de Música ofrece de xeito gratuíto ás bandas participantes. Ao longo de varias sesións, os grupos reciben asesoramento en aspectos fundamentais para quen quere dedicarse á música:


  • Comunicación e presenza en medios.

  • Son e produción musical.

  • Marketing e estratexia en redes sociais.

  • Financiación e recursos dispoñibles.

  • Modelos de autoxestión e organización interna.


Este acompañamento, a cargo do equipo do Local de Música, busca reforzar tanto a parte artística como a capacidade de xestión dos proxectos musicais. Como punto final, os grupos culminarán este proceso cunha actuación no Son da Serea diante do público e recibirán unha beca para investir en material ou servizos que lles permitan mellorar como banda.

Compartir este evento

bottom of page