

mié, 11 jun
|Pontevedra
Obradoiro de Iniciación a Reaper
Aprende a utilizar un DAW dende cero: - Ferramentas básicas do programa - Gravación e edición de audio e MIDI - Organización de pistas e automatizacións - Exportación e primeiros proxectos
Horario e ubicación
11 jun 2025, 17:00 – 18:30
Pontevedra, Otero Pedraio S/N Ao carón de Vialia, 36003 Pontevedra, España
Acerca do evento
Aprende a utilizar un DAW dende cero nun obradoiro práctico pensado para persoas que queren comezar a gravar, editar e producir música na casa. Traballaremos con Reaper, un programa moi completo, versátil e lixeiro, ideal tanto para iniciarse como para desenvolver proxectos máis avanzados.
Durante a sesión veremos o funcionamento básico do programa: ferramentas principais, gravación e edición de audio e MIDI, organización de pistas, automatización e exportación de proxectos. Non fai falla experiencia previa: explicaremos todo paso a paso, con exemplos sinxelos e tempo para practicar.