

sáb, 15 nov
|Pontevedra
Curso Iniciación Sintetizadores
Se queres empezar a crear sons dende cero, entender que é un LFO ou un VCO, ou saber como funcionan os modulares… este curso é para ti. Iremos paso a paso da man de @earanxmusic : introdución, historia, principios básicos, ata técnicas máis avanzadas para que poidas perderlle o medo aos sintetizador
Horario e ubicación
15 nov 2025, 16:30
Pontevedra, Otero Pedraio S/N Ao carón de Vialia, 36003 Pontevedra, España
Acerca do evento
Este curso é unha introdución práctica ao mundo dos sintetizadores, explorando tanto equipos analóxicos e dixitais como software.
Nel aprenderás:
Comprender os fundamentos dos sintetizadores: Coñecer as súas partes principais (osciladores, filtros, amplificadores, envolventes, etc.) e entender como estas interactúan para crear e modificar sons.
Identificar os diferentes tipos de sintetizadores e equipos complementarios: Diferenciar entre sintetizadores analóxicos, dixitais, híbridos e modulares, así como comprender o uso de samplers, caixas de ritmos e efectos.
Experimentar co manexo de sintetizadores reais: Manipular os controis básicos para producir sons e combinar diferentes equipos nunha configuración de estudio básico.
Sincronizar dispositivos electrónicos: Conectar sintetizadores, caixas de ritmos e samplers utilizando MIDI e outras interfaces para traballar de forma conxunta.
Introducirse no mundo dos sintetizadores modulares: Comprender o concepto de modularidade, crear conexións básicas (patching) e explorar as posibilidades creativas que ofrecen os sistemas modulares.
Usar o software VCV Rack 2: Aprender as bases da síntese modular a través deste software gratuíto, configurando e creando patches virtuais.
Aplicar os coñecementos adquiridos aos seus proxectos musicais: Explorar novas formas de creación e produción sonora para enriquecer a súa música.