

mié, 08 abr
|Pontevedra
CURSO DJ Iniciación
Queres aprender a facer as túas primeiras mesturas? Este curso é o teu punto de partida para converterte en DJ.
Horario e ubicación
08 abr 2026, 16:30
Pontevedra, Otero Pedraio S/N Ao carón de Vialia, 36003 Pontevedra, España
Acerca do evento
CURSO DJ INICIACIÓN
Aprende a facer as túas primeiras mesturas de música e crear sesións nun curso práctico e completamente gratuíto pensado para as mozas e mozos que queiran iniciarse no mundo DJ.
O curso estará composto de tres sesións presenciais (mércores 8, 15 e 22 de abril) de 16:30 a 19:30 da tarde.
Inscríbete aquí: https://forms.gle/zoe5MJFL3uhGd2517
🗓️ 8, 15 e 22 de abril
🕜16:30 - 19:30
📌 Local de Música de Pontevedra
👥 12 prazas
🎟️ Gratuíto Obxectivos do Curso
Coñecer os fundamentos do DJing e o funcionamento do equipo básico.
Aprender a usar controladoras, software e mesas de mestura.
Desenvolver a escoita activa e a selección musical persoal.
Realizar mesturas básicas e estruturar sesións con sentido.
Fomentar a creatividade e a expresión musical en directo.
Por que Participar?
Porque che gusta a música e queres aprender a mesturar como un/ha pro.
Porque é un curso pensado para comezar dende cero, sen experiencia previa.
Porque traballarás con equipo profesional e profes que te guiarán paso a paso.
Porque poderás compartir esta paixón con outras persoas nun ambiente creativo, dinámico e seguro