Pontevedra


mér., 14 de maio
|Local de Música
CURSO: APRENDE A USAR A ZOOM LIVETRAK L-12
14 MAIO (1 hora). Taller práctico para aprender a manexar a mesa que está en cada unha das salas. ENTRADA LIBRE ATE COMPLETAR AFORO (max 15 persoas)
Time & Location
14 de maio de 2025, 17:00 – 18:00
Local de Música, Otero Pedraio S/N Ao carón de Vialia, 36003 Pontevedra, España
About the event

Este curso introdutorio dirixíxese a persoas que queiran iniciarse no manexo básico da mesa de mesturas Zoom LiveTrak L-12 e na gravación de audio con Reaper, un software profesional de edición sonora.
Ao longo da sesión, exploraremos os elementos fundamentais da mesa, aprenderemos a realizar conexións correctas e a controlar os niveis de sinal, e gravaremos as nosas propias pistas empregando ferramentas dixitais.
Obxectivos didácticos
Saber que fan as principais partes da mesa Zoom LiveTrak L-12
Utilizar unha mesa de mesturas para controlar o nivel das sinais
Saber gravar co software Reaper
Contidos
Acendido e apagado da mesa e dos altofalantes
Funcionamento básico da mesa: entradas, saídas, efectos, panel de menú…
Control básico de Reaper: saber conectalo coa mesa, crear e gravar pistas e gardar proxectos
Metodoloxía
Exposición teórica: explicación breve e concisa de conceptos básicos da mesa e do Reaper
Demostración práctica: mostrarase como facer os axustes e conexións da mesa, así como usar o programa Reaper
Aprendizaxe mutua: coñecer o nivel de cada usuario cunha pequena proba. Poñer en práctica o explicado ENTRADA LIBRE ATE COMPLETAR AFORO (max 15 persoas)