Pontevedra dá un gran paso na súa estratexia de dinamización cultural coa apertura do novo Centro Internacional da Creatividade Maruxa Mallo, situado no emblemático edificio do antigo conservatorio da rúa Alfonso XIII. Este espazo, concibido para acoller residencias artísticas, proxectos multidisciplinares e colectivos culturais, naceu coa mellor enerxía posible grazas ao talento emerxente da cidade: a banda Clavo foi a encargada de poñer o son en directo a esta cita inaugura