Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa
Acto de presentación do novo disco de SKIRL
25-01-2020

Acto de presentación do novo disco de SKIRL

Acto de presentación de "Demolition" o novo disco da banda pontevedresa SKIRL



 



Skirl é unha banda de grunge de Pontevedra fundada a comezos de 2011, actualmente integrada por: Javi Pascual (voz e guitarra), David Graña (baixo e coros) e Rubén Iglesias (batería e coros). As súas influencias son principalmente as bandas de grunge dos 90, pero tamén teñen matices do stoner e inevitablemente do Hard Rock.



O sábado 25 de xaneiro, ás 18:00h, no Local de música de Pontevedra, fan un acto de presentación do seu novo disco “Demolition”; no que falarán sobre o proceso de gravación, poderase escoitar o disco, haberá comida e bebida; e entregarán as recompensas ás persoas mecenas da súa campaña de micro mecenazgo, co cal financiaron o disco.



AFORO LIMITADO. Confirma asistencia enviando email a localdemusica@gmail.com

ÚLTIMAS NOVAS