Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa

ENSAIAR

O principal servizo que ofrece o Local de Música é o de ensaio.

Para acceder tan só debes cumplir dous requisitos:

  • Que a persoa administradora da banda (ou solista) esté empadroada en Pontevedra.
  • Ter entre 16 e 30 anos (Poden incorporarse persoas de máis idade sea a media do grupo non supera os 35 anos)

Dispós dunha sesión de ensaio de 2 horas fixas semanais, que xestiona a persoa administradora desde o seu perfil de usuaria.

Se precisas máis tempo, pódese reservar semana a semana horas extra nos ocos libres desde o perfil de usuaria, sempre que o autorice o Local de Música.

Recorda levar o teu instrumento, cableado e todo o material que precisas para o teu ensaio. Coida o material do Local de Música coma se fora teu, e deixa todo recollido. Despois ven outra usuaria coma ti que quere usar as instalacións ;)

FORMACIÓN

O Local de Música ofrece un itinerario formativo a disposición das usuarias.

Ao entrar no Local de Música farase unha explicación das propostas ás que podes acceder. Podes recibir formación específica sobre gravación musical; así como de outros ámbitos como a producción de eventos musicais, comunicación, marketing, concepto de banda, cómo conseguir concertos...

As materias de carácter obrigatorio son:

  • Funcionamento básico Local: medios e normas de uso.
  • Técnicas e uso de material de gravación (Obrigatorio para usar a gravación)

A parte de formación, se o desexas, a equipa do Local de Música está tamén á túa disposición e podes pedir cita para para asesorarte, mentorizarte, facer un seguemento do teu proxecto e para resolver calquera dúbida que poidas ter.

GRAVACIÓN

O Local de Música ofrece as ferramentas e coñecementos básicos para que as artistas poidan gravarse.

Para acceder a este servizo terás que ser usuaria do Local de Música e pasar obrigatoriamente por unha sesión formativa de uso da gravación.

Tes a posibilidade de gravar os teus propios ensaios, de autogravarte unha maqueta ou simplemente de aprender e xogar.