top of page

LDM Synth Community do Local de Música no Senda Festival 2025: música electrónica, liberdade e natureza na Illa das Esculturas de Pontevedra

O Senda Festival 2025 consolídase como unha das citas imprescindibles da música electrónica en Galicia. Celebrarase os días 4, 5 e 6 de xullo nun escenario único: a Illa das Esculturas de Pontevedra, un espazo natural e artístico á beira do Lérez que xa é sinal de identidade do festival.



Que é o Senda Festival?

O Senda Festival naceu coa idea de crear un encontro diferente arredor da música electrónica. A súa filosofía baséase en tres piares:


Son: unha programación coidada, onde o techno, o house e outros xéneros se mesturan con propostas experimentais.


Liberdade: un espazo aberto e inclusivo, onde cada quen pode expresarse con liberdade e respecto.


Natureza: celebrar a música ao aire libre, en harmonía co contorno da Illa das Esculturas.


Na súa cuarta edición, os organizadores destacan que o máis importante continúa sendo "a música como espazo de comunidade, encontro e coidado", convidando ao público a escoitar, sentir e compartir.


Novidade 2025: LDM Synth Community do Local de Música


Un dos puntos máis interesantes desta edición será a nosa participación co novo proxecto LDM Synth Community: unha comunidade de aprendizaxe en torno á música electrónica feita con máquinas, que transforma a experimentación sonora nun punto de encontro.


LDM Synth Community no Senda
LDM Synth Community no Senda
Logotipo LDM Synth Community
Logotipo LDM Synth Community




Senda Festival abre así as portas á mocidade creadora, no seu compromiso de ser un proxecto situado: en diálogo coa contorna, conectado co territorio e coas persoas que o habitan.


Chegan cunha Jam de Sintetizadores: improvisación colectiva con hardware analóxico, dixital e modular. Sen xerarquías nin estilos. Só equipos conectados, texturas en construción e paisaxes sonoras que nacen e morren no momento


Cacharreo libre, hipnótico e efémero. Para abrir os ollos. Ou pechalos...



Komentar


bottom of page