Curso de Iniciación a DJ: aprende a pinchar dende cero no Local de Música
- Alexandre Balea Grela
- May 10
- 1 min read
Se queres aprender a pinchar música, mesturar sesións e entender o funcionamento do equipamento básico dunha cabina, o Curso de Iniciación á DJ do Local de Músicaé para ti. Un curso práctico, gratuíto e pensado para mocidade con ganas de experimentar coa música electrónica ou os seus xéneros favoritos dende o outro lado dos pratos.

Que vas aprender neste curso de DJ para principiantes?
Durante tres sesións intensivas, aprenderás os fundamentos para iniciarte como DJ:
Mellores equipos para empezar a pinchar
Erros frecuentes ao comezar
Estructura musical para DJ´s, compases e frases
Como facer beatmatching a oído
Como facer a preescoita
Como ecualizar como un pro
Uso de bucles
Uso de HotCues
Uso de efectos
Pinchar con vinilos
Non precisas experiencia previa nin equipamento propio. O curso está deseñado para que calquera persoa nova poida comezar dende cero.
A quen vai dirixido?
A mocidade de Pontevedra con entre 16 e 35 anos, con interese en iniciarse no mundo do DJing, tanto por diversión como posible saída creativa ou profesional.
Cando e onde?
📍 Local de Música de Pontevedra (Pazo da Cultura)
📅 Os Mércores 21de Maio, 28 de Maio e 04 de Xuño de 16:30 a 19:30 da tarde.
🕕 de 16:30 a 19:30 da tarde.
📌 Inscricións abertas ata cubrir prazas
Comentários