top of page

3 actividades de Ponteverán no Local de Música

O programa Ponteverán 2025, impulsado polo Concello de Pontevedra, desenvolverase entre o 30 de xuño e o 31 de agosto, cunha oferta de 18 actividades de balde para mozas e mozos de 4 a 25 anos. Dentro desta ampla programación, o Local de Música convértese nun dos principais focos creativos do verán, ofrecendo obradoiros únicos de teatro, canto e "fábrica de singles".



O campamento urbano “Teatreirxs, edición Castelao” impartirase no Local de Música os días 21, 22, 23, 34 e 28 de xullo. Nesta actividade coñecerán a realidade do teatro: interpretar, crear, xogar, improvisar, imaxinar, expresar... Este ano ademáis, e co gallo do 75 aniversario do cabodano de Castelao, representarán "Os vellos non deben namorarse"


O obradoiro musical "A fábrica de singles" para rapaces entre 13 e a14 anos impartirase no Local de Música entre o 14 e o 18 de xullo. Un obradoiro de composición e gravación de temas orixinais con letras e vídeos de temática social. Gravación de videoclips e creación de contidos en redes dende a propia actividade.


O campamento urbano "Xogando coa Música" orientado para rapazas e rapaces entre 8 e 12 anos impartirase do 30 de xuño ao 4 de xullo. Neste campamento aprenderán a cantar e coro e xogarán con diferentes instrumentos, ademáis coñecerán a historia da música xunto a diferentes compositoras e compositores.


Todas as actividades precisan de inscripción previa en apuntate.pontevedra.gal

Comments


bottom of page