XERACIÓN SÓNICA
01-10-2018

XERACIÓN SÓNICA

TITORIZACIÓN DE PROXECTOS ARTÍSTICOS E AUDIOVISUAIS



XERACIÓN SÓNICA é un proxecto artístico e musical da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos



Consiste nun programa de titorización de 6 grupos (30 alumnos e alumnas), para que conformen proxectos artísticos e audiovisuais.



Coordinado por:




  • GONZALO MACEIRA: Produción musical

  • VIOLETA MOSQUERA: Batería e composición

  • MIGUEL NEIRA: Guitarra, voz e composición.







Datas: os mércores de outubro 2018 a xuño 2019

Horario: de 16:00 a 18:00 (3 grupos) e de 18:00-20:00 (3 grupos)

Lugar: Local de Música de Pontevedra na rúa Otero Pedraio s/n (ao carón do albergue peregrinos).



Solicitudes: do 10 ao 23 de outubro a través do formulario online

Entre todas as solicitudes recibidas, darase prioridade a aspirantes que teñan experiencia musical previa, formación musical acreditada ou material propio editado ou non.



A finais de outubro comunicarase o resultado da selección e as persoas seleccionadas deberán formalizar a súa inscrición definitiva co pago da matrícula (120€ divididos en dous pagos cuadrimestrais, un ó comezo do curso e outro en xaneiro). 



+info: 




  • Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra

    Casa da Luz, pza da Verdura s/n, 1º andar

    986840367

    xuventude@pontevedra.gal

  • Local de Música de Pontevedra

    r/Otero Pedraio, s/n

    986 856 573 

    localdemusica@gmail.com

ÚLTIMAS NOVAS