CLASE DE HISTORIA 13: BLACK STONES
03-04-2020

CLASE DE HISTORIA 13: BLACK STONES

👩‍🏫 O LOCAL ONLINE 👨‍🏫

📚 CLASE DE HISTORIA 📚

Coas "Clases de historia" queremos poñer en valor unha serie de bandas dos 60/70 que foron pioneiras da música na cidade de Pontevedra, e que as novas xeracións de mocidade deben coñecer.




“Black Stones” quizais sexa o grupo máis coñecido dos que levamos falado até agora, xa que na actualidade seguen en activo e en 2019 fixeron o seu 50º aniversario.  Hai moitos vídeos en youtube, tocan en directo moi a miúdo e son moi recoñecidos pola súa traxectoria. Neste artigo de “Diario de Pontevedra” tendes moita info sobre eles: https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/medio-siglode-black-stones/201911231436381062230.html




Grazas Tino Domínguez pola túa axuda, información e o teu libro "Pontevedra a 45 r.p.m". Foto cedida por diversos autores e Tino Domínguez. Tedes máis información no libro "Pontevedra a 45 r.p.m" de Tino Domínguez.

ÚLTIMAS NOVAS