Funcionamento

1.

O horario do Local de Música é:
De Luns a Venres de 16:00h a 22:00h
Sábados de 10:00h a 14:00h e 16:00h a 22:00h

2.

Poden solicitar o seu uso persoas de 16 a 35 anos (ou media do grupo non superior a 35 anos)

3.

Polo menos, unha persoa do grupo, ten que estar empadroada en Pontevedra.

4.

Todas as inscricións e documentos terán que estar subidas nesta mesma páxina web.

5.

Todas as inscricións, documentos, reservas, peticións,... quedarán pendentes de revisión e admisión por parte da equipa do Local.

6.

O local é aberto para toda a cidadanía e de balde, por eso mesmo lembrámosche facer un uso responsable dos materiais. Deixa todo recollido, tal e como che gustaría atopalo a ti.