Política de privacidade do Local de música

Confidencialidade e protección de datos

Para os efectos do previsto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, o Concello de Pontevedra infórmalle ao/á usuario/a do Local de música, da existencia dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado por e para o Concello de Pontevedra e baixo a súa responsabilidade, coa finalidade de realizar o mantemento e xestión da relación co/coa usuario/a, así como o labor de información. No momento da aceptación destas condicións xerais, o Concello de Pontevedra precisará do/a usuario/a a recollida duns datos imprescindibles para a prestación dos seus servizos.

Rexistro de ficheiros e formularios

Cubrir os formularios é obrigatorio para acceder e gozar de determinados servizos ofrecidos na web. Non facilitar os datos persoais solicitados ou non aceptar a política de protección de datos supón a imposibilidade de suscribirse, rexistrarse ou gozar de calquera dos servizos nos que se soliciten datos de carácter persoal.

De acordo co establecido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámoslle de que os datos persoais que se obteñan poderán ser incorporados nun ficheiro con titularidade do Concello de Pontevedra CIF P3603800H e domicilio na praza de España, s/n, de Pontevedra; a este respecto están implementadas as medidas de seguridade establecidas no Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

Xeneme como empresa adxudicataria da xestión do Local de música, é a encargada do tratamento dos datos, con identidade:

XENEME intervención social S.L.L.

CIF: B15893159.

Dir. postal: iglesia,39, Luou, 15883, Teo, A Coruña.

Email: info@xeneme.com

Delegado de Protección de Datos: Diego Parajó Naveira

Contacto DPD.: iglesia,39, Luou, 15883, Teo, A Coruña., diego@xeneme.com

Exactitude e veracidade dos datos facilitados

O/A usuario/a é o/a único/a responsable da veracidade e corrección dos datos incluídos, polo que se exonera o Concello de Pontevedra de calquera responsabilidade ao respecto. Os/As usuarios/as garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O/A usuario/a acepta proporcionar información completa e correcta nos formularios ou correos electrónicos que envíe. O Concello de Pontevedra non responde da veracidade das informacións que non sexan de elaboración propia e das que indique outra fonte, polo que tampouco asume ningunha responsabilidade en canto a hipotéticos perxurios que puidesen orixinarse polo uso desta información. O Concello de Pontevedra resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contido nas súas páxinas web, e pode incluso limitar ou non permitir o acceso a dita información. Exonérase ao Concello de Pontevedra de responsabilidade ante calquera dano ou prexuízo que puidese sufrir o/a usuario/a como consecuencia de erros, defectos ou omisións, na información facilitada sempre que proceda de fontes alleas ao Concello de Pontevedra.

Finalidade

A finalidade deste tratamento do Concello de Pontevedra é o mantemento e xestión da relación co/a usuario/a, así como o labor de información.

Menores de idade

O Concello de Pontevedra solicitará a conformidade dos pais ou titores para a recollida dos datos persoais ou, no seu caso, para o tratamento automatizado de datos.

Cesión de datos a terceiros

O Concello de Pontevedra non realizará cesión de datos dos/as usuarios/as a terceiras persoas.

Exercicio de dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Poderá dirixir as súas comunicacións e exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no Rexistro do Concello de Pontevedra, situado na praza de España, s/n, de Pontevedra. Para exercer ditos dereitos e en cumprimento da Instrución 1/1998, de 19 de xaneiro, da axencia de protección de datos, é necesario que vostede acredite a súa personalidade achegando unha fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro medio válido en Dereito.

Medidas de seguridade

O Concello de Pontevedra adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requiridos, e procura instalar aqueles outros medios e medidas técnicas adicionais ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados ao Concello de Pontevedra. O Concello de Pontevedra non será responsable de posibles danos ou perxurios que se puidesen derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas ao Concello de Pontevedra; de atrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias e sobrecargas de liñas telefónicas ou sobrecargas no centro de procesamento de datos, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos, así como de danos que poidan ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control do Concello de Pontevedra. Non obstante, o/a usuario/a debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

Aceptación e consentimento

O/A usuario/a declara que foi informado/a das condicións sobre protección de datos persoais, aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte do Concello de Pontevedra, na forma e para as finalidades indicadas na presente política de protección de datos persoais. Certos servizos prestados no sitio web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais.