Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa
SERÁN DE TRALLA 2019
29-06-2019

SERÁN DE TRALLA 2019

Serán de Tralla 2019



O Local de Música organiza o 29 de Xuño, ás 18:30h, o primeiro dos “Bolos do Local 2019”, onde se fará tamén unha “quedada” da Asociación de Skate de Pontevedra.





Os “Bolos do Local” son unha serie de accións formativas, divididas en 3 niveis, orientadas á mocidade que desenvolve actividades musicais en Pontevedra.

Os grupos seleccionados no nivel “Serán de Tralla” participaron nun proceso formativo e de mentorización, adaptado segundo o estado do proxecto artístico, onde aprenderon desde o concepto de band a, como facer funcionar o grupo, que é e como preparar o son do grupo...etc

O 29 de Xuño realízase o concerto que pon fin ás formacións deste nivel, onde as bandas porán en práctica o aprendido nas súas actuacións en directo. Desde as 18:30h, no Skatepark provisional de Mollabao, ata 9 bandas e artistas diferentes ensinarán o potencial da escena emerxente musical de Pontevedra.

Ao mesmo tempo este evento contará con unha “quedada” da asociación de skate de Pontevedra, como previa da inauguración do novo skatepark, onde se sortearán productos entre as persoas asistentes.

O “Serán de Tralla” é un día onde a música e o deporte se misturan para facer unha gran festa, pero sobretodo un día onde a mocidade de Pontevedra se reúne para poñer en valor o talento emerxente musical da cidade.

As bandas que actúan como “práctica final” da formación “Serán de Tralla” dos “Bolos do Local 2019” son:



-DABELAII

-DAQUELA

-DELIRIA DRAMA

-ESSA GALERA

-FUZZ FACES

-LONGFIELD

-NO TE PUTO PILLES

-PROCESO NORTE

-SAVAGE WOLF



Sábado 29 de xuño, ás 18:30h, no Skatepark provisional de Mollabao.



Organiza: Local de Música, pertencente á Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra

ÚLTIMAS NOVAS