Pont Up Store: MUSIC LAB (18-19-20-21 SETEMBRO)
18-09-2019

Pont Up Store: MUSIC LAB (18-19-20-21 SETEMBRO)

Pont-Up Store  presenta: 

O ESCENARIO MORREU. LONGA VIDA Á ESCENA!

MUSICLAB: Tendencias e innovacións nos escenarios. Da creación sonora á creación audiovisual en tempo real.



>Pont Up Store 2019

>Pontevedra

>18-19-20-21  setembro

SALA X

FAC. BELAS ARTES



CLIC AQUÍ PARA INSCRIBIRTE





Programa:

>18-19-20  setembro.  10:00-14:00/16:00-19:00

MUSIC LAB: Laboratorio creativo con Roi Fernández / SRPAUSE 

srpause.com

instagram.com/srpause



>18 setembro.  19:00-20:00

DEBATE: Tendencias e innovacións nos escenarios



>20-21 setembro.  horario pont-up store

SHOWROOM: Mostra de prototipos e exploracións realizados

Organiza: 

XENEME innovación social e Local de música de Pontevedra.

Asesoramento pedagóxico: Oswaldo García Crespo. UVigo.





CLIC AQUÍ PARA INSCRIBIRTE





MUSIC LAB:

ROI FERNÁNDEZ


srpause.com

instagram.com/srpause

Roi Fernández (A Coruña, 1979) discorre nas formas  transmedia de narración audiovisual, escénica, gráfica e de acción desde 2001. Licenciado en Belas Artes, posúe en máster en Dirección Cinematográ-fica pola City College of New York cunha bolsa Barrie de la Maza, e outro de Sistemas Interactivos pola MECAD/ ESDI de Barcelona, e interpretación en ESAD (Escola Superior de Arte dramática de Galicia) e como artista bolseiro na KHM de Colonia (Alemaña).​



Expoñente da videocreación e arte de acción en Galicia, do cinema, a performance, ao vivo Cinema, motion graphics, videomapping, animación e formas polipoéticas.



Como director audiovisual e creador multimedia dirixe pezas multipremiadas como a curtametraxe “Calquera Infinito Posible” protagonizado por Celso Bugallo, e premiada no festival de cans ( GZ), CityVisions ( NY) e Tessalonika (Grecia); o documental transcénico " BALOR", ou o proxecto de vídeo inmersivo " ZUGUNRUHE".



Foi alumno tutorizado de prestixiosos artistas como Chantal Akerman (CCNY), e colaborado con artistas internacionais como Huan Zhang ou Alberto García- Alix. Tamén colaborou como debuxante con axencias de publicidade, como a prestixiosa Berlín Cameron de New York.



​Na arte de acción presentou performances no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Festival Chámalle X, Fundación Luís Seoane, Fundación Granell, ou Museo MARCO de Vigo, entre outros.



É o responsable de creación multimedia e audiovisual para a súa compañía escénica ArtesaCía, creando videomappings e contidos de vídeo interactico 360º.



Ademais crea escenografías multimedia e videocreación para Centro Dramático Galego, Teatro Meridional, Premios dá Cultura Galega (Xunta de Galicia), etc.



No 2003 co-funda o colectivo artístico Alg-a. org, do que foi presidente e impulsor do proxecto Alg-a Lab (centro de creación e residencia artística); no 2013 funda e codirige Extramuros (www.espazoextramuros.org), un espazo de colisións artísticas multidisciplinares. É a sede de ArtesaCía e o estudo multimedia SrPause Cinescapismo.



A súa obra foi presentada e premiada en España, Alemaña ( KHM) , UK (Kingston Gallery), Italia, China ( Expo Mundial 2010), EEUU, Colombia (Festival Iberoamericano Sistemas interactivos de Manizales), Arxentina...





#workinprogress



MUSIC LAB:

Neste laboratorio creativo faremos una inmersión en procesos de creación audiovisual en tempo real vencellados a propostas musicais e sonoras.



Traballaremos na creación de propostas interactivas da man de profesionais e artistas.



Faremos equipos de traballo para a creación de prototipos que exploren  a escenografía que ven.



#ableton #resolume #videomapping #maxforlive #interactivearts





#thinkwall



DEBATER: Tendencias e innovacións nos escenarios.

Como están as cousas na escenografía e cara onde van. Os avances, os discursos e as novidades no sector.

Reflexionaremos sobre o que deberiamos ter en conta as persoas que traballamos na xestión e no deseño cultural.

>18 setembro.  19:00-20:30

SALA X   | FAC. BELAS ARTES

 





#mostrar

Showroom: Crearemos unha instalación  coas propostas xeradas no LAB que se mostrará durante o PONT-UP STORE.

>20-21 setembro.

Horario pont-up store

 





#oimpulsadaxentevalente

Emprender

Pont Up Store 2019 | Pontevedra | 18-19-20-21  setembro

pontupstore.com



CLIC AQUÍ PARA INSCRIBIRTE

ÚLTIMAS NOVAS