Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa
❌PECHADO ATÉ NOVO AVISO❌
13-03-2020

❌PECHADO ATÉ NOVO AVISO❌

⚠️⚠️ COMUNICADO OFICIAL ⚠️⚠️



Comunícannos desde o Concello de Pontevedra, que seguindo as recomendacións do goberno do Estado, da Comunidade Autónoma e do propio concello, SUSPÉNDESE A ACTIVIDADE DO LOCAL DE MÚSICA DE PONTEVEDRA ATÉ NOVO AVISO.



Cancélanse polo tanto todos os ensaios, actividades, asesoramentos, formacións, eventos e demais que se fan de forma habitual no Local, desde mañá venres 13 de marzo até novo aviso. Mentres dure esta desagradable situación podedes enviar as vosas dúbidas, preguntas ou o que queirades ao email localdemusica@gmail.com, onde seguiremos asesorando e axudando ao que precisedes para os vosos proxectos musicais.

A través das nosas redes sociais seguiremos co "xogo" do "IEOMGDHDP", e comezaremos a facer publicacións diferentes para entreter estos momentos cos propostas relacionadas coa música.

Estamos abertas tamén a suxerencias e propostas que vos apeteza facer.

"The show must go on".



A equipa do Local de música de Pontevedra.

ÚLTIMAS NOVAS