Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa
“Fuzzo” presentan disco e fan un “clinic” no Local de Música de Pontevedra
12-12-2019

“Fuzzo” presentan disco e fan un “clinic” no Local de Música de Pontevedra

O xoves 12 de decembro, ás 19:30h, no Local de música de Pontevedra, tres reputados músicos da escena Jazz como Virxilio da Silva, Xan Campos e Chus Pazos; presentan novo disco e fan un “clinic”.



Fuzzo é unha nova marca na culata duns músicos que senten cómodos no fío do coitelo. Esta formación reúne a tres estrelas da escena do jazz galego:

-Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos con sintetizadores e Chus Pazos na batería.



Defínense a si mesmos como una unha banda de improvisación libre e acumulativa, fan nos seus concertos unha verdadeira experiencia de éxtase salvaxe e creativa. De todo o que fan estes tíos, pódese dicir que son especialmente habilidosos na deconstrucción de debuxos e ideas musicais, cunha estética próxima ao rock psicodélico e música electrónica sen abandonar a improvisación como canle fundamental de expresión plástica e musical.



O xoves 12 de decembro, ás 19:30h no Local de música de Pontevedra, farán un “clinic” onde explicarán a súa forma de facer música e responderán ás preguntas das persoas asistentes. Presentan tamén o que é o novo disco da súa banda “Fuzzo”, do cal tocarán en directo algún tema.

ÚLTIMAS NOVAS