CLASE DE HISTORIA 3: LOS STOKKERS
19-03-2020

CLASE DE HISTORIA 3: LOS STOKKERS

👩‍🏫 O LOCAL ONLINE 👨‍🏫

📚 CLASE DE HISTORIA 1 📚

Coas "Clases de historia" queremos poñer en valor unha serie de bandas dos 60/70 que foron pioneiras da música na cidade de Pontevedra, e que as novas xeracións de mocidade deben coñecer.




🔴 Los Stokers tiñan unha importante cuadrilla de seguidores que se facían ver naqueles festivais que se facían no xa desaparecido Teatro Cinema Malvar e tamén o colexio Sagrado Corazón de Pontevedra organizaba as mañás dalgúns domingos estes musicais.

Chegaron a ter varias cancións propias que tiveron moito éxito e que hoxe en día xa as editasen en disco, pero naqueles anos era practicamente imposible facer algo parecido.



“Camino por la calleja,

todo ante mi está desierto,

y al fulgor de una luz vieja

se percibe al fondo el puerto…”



Así dicía unha daquelas cancións que levaba por titulo “Camino por la calleja”. 



A música era normalmente de Pepe, que tiña moito gancho e moito talento para compoñer, a letra xa era cousa do seu irmán Juan. A outra canción levaba por título “Contigo é diferente”.



“Escoitabamos todos os discos que chegaban ás nosas mans e tentabamos aprendelos o máis parecido posible e, ao mesmo tempo, ir facendo un repertorio acorde coas actuacións previstas naqueles momentos”.




Grazas Tino Domínguez pola túa axuda, información e o teu libro "Pontevedra a 45 r.p.m". Foto cedida por diversos autores e Tino Domínguez. Tedes máis información no libro "Pontevedra a 45 r.p.m" de Tino Domínguez.

ÚLTIMAS NOVAS