Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa
BOLOS DO LOCAL 2019
17-04-2019

BOLOS DO LOCAL 2019

Le os criterios antes de inscribirte. O formulario de inscrición está ao final da páxina.





BOLOS DO LOCAL 2019



1-INTRODUCIÓN:

O Local de Música, pertencente ao Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra, en colaboración co Departamento de Festas do Concello de Pontevedra promoven “Os Bolos do Local” para apoiar á escena musical emerxente da cidade e busca poñer en valor a creación musical de base organizando unha serie de accións formativas e eventos musicais en rúas e prazas da cidade. 

Os obxectivos principais son:

1. Ofertar unha proposta formativa integral para axudar aos grupos de Pontevedra a estruturar un proceso de traballo e de mellora sobre o proxecto artístico. 

2. Presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente en espazos emblemáticos e representativos da cidade. 

3. Ofrecer aos grupos noveis oportunidades para estar en contacto co mundo profesional, darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística. 





2-EN QUE CONSISTE :

Os Bolos do local son unha serie de accións formativas orientadas á mocidade que desenvolve actividades musicais en Pontevedra. Os grupos seleccionados participarán nun proceso formativo e de mentorización, adaptado segundo o estado do proxecto artístico. Poderán apuntarse ao proceso unha ou varias persoas compoñentes dos grupos para as formacións. 



As accións formativas dividiranse en tres niveis: 



-Proxecto “Serán de Tralla”: 

Inicial-básico-novel.

Consiste nun asesoramento personalizado para as bandas que están a empezar. As sesións serán individuais de forma presencial ou online. O proxecto remata cunha actuación final para poñer en práctica as melloras formuladas.

-Sesións individualizadas do 13 maio a 28 xuño.

-Convivio/Xornadas de formación: 12/13 de xullo.

-Práctica/actuación: Serán de Tralla 29 xuño. Localización sen definir.

 

-Proxecto “Son da Serea”: 

Medio-pre profesional. 

Consiste nun proceso de formación e mentorización sobre os temas máis importantes para poñer a andar o proxecto musical. Dirixido a bandas e solistas con certa traxectoria pero sen dar o salto profesional. En formatos presenciais e online. Remata cunha actuación para poñer en práctica as melloras formuladas.

-MENTORING: Do 13 de Maio ao 13 de xullo.

-Convivio/Xornadas de formación: 12/13 de xullo.

-Práctica/actuación: 29 e 30 de xullo de 2019. Prazas da Cidade.

 

-Proxecto “A Peregrina”:

Avanzado / Pre-profesional.

Consiste nun proceso de formación e mentorización cunha banda seleccionada que está nun bo momento de traballo. Enfocado á profesionalización.

-MENTORING: Do 13 de maio ao 30 de xullo.

-Convivio/Xornadas de formación: 12/13 de xullo.

-Práctica/actuación: 10 de agosto de 2019. Praza de España. Teloneiro de grupo nas Festas da Peregrina.  



Materiais didácticos:

Os grupos seleccionados para “Son de Serea” disporán dun saldo de 250 euros para a compra de elementos que melloren a súa proposta artística.

O grupo seleccionado para “A Peregrina” disporá dun saldo de 500 euros para a compra de elementos que melloren a súa proposta artística.

En calquera caso, acordarase coa organización a utilización destes fondos.  





3-PARTICIPACIÓN:

Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades superiores aos 16 anos sempre que polo menos un compoñente do grupo estea empadroada/o no Concello de Pontevedra. As persoas compoñentes dos grupos menores de idade afirmarán ter o consentimento de pais/nais ou titores no momento de inscribirse. En caso de resultar seleccionadas/os solicitaráselles unha autorización formal, firmada e por escrito.  A matrícula da formación será totalmente GRATUÍTA.  





4-DATAS e FASES:

Pre-Inscrición. Ate o 3 de maio de 2019 ás 23:59h.

-Selección: 4 de maio de 2019.

-Confirmación de bandas e calendarios: 10 de maio 2019





 5-INSCRICIÓN:

As inscricións poderán facerse unicamente desde o formulario que está ao inicio da nova.

A data límite para a recollida de inscricións será o 3 de maio de 2019 ás 23:59h. 





6-DATOS PARA A PRE-INSCRICIÓN:

O formulario solicitará os datos principais do grupo e dos seus compoñentes. Como información chave para preselección do xurado, haberá que presentar:

-1.Descrición breve do grupo e traxectoria, traballos,...

-2.Como información complementaria deberán poñerse ligazóns de interese: Audios, vídeos, redes sociais, web,...

A organización poderá subir e compartir a información dos grupos apuntados ou outra que considere de interese nos seus espazos de difusión web (facebook, blog...) 





7-SELECCIÓN:

O local de Música exercerá de oficina técnica do proxecto e valorará a información enviada polos grupos. A organización comprobará que as bandas inscritas cumpran os criterios das bases. Aquelas que non teñan a información solicitada non serán admitidas. A preselección consistirá nunha revisión do material solicitado de cada un dos grupos presentados.



Terase en conta:

-A calidade técnica e musical.

-A profesionalidade e consistencia do proxecto musical.

-A traxectoria e accións de promoción do grupo
.



No caso de empate, teranse en conta os seguintes criterios:

-1.Somos galegas e galegos. O noso idioma é, unha vez máis, a chave coa que abrir moitas portas. O uso do galego será un factor moi importante.

-2. Cremos nun mundo feminista, no que mulleres e homes somos iguais. Por iso, que as formacións estean compostas  por persoas de ambos os dous sexos será tamén outro dos factores a ter en conta.



A organización colgará información sobre os grupos seleccionados nos seus espazos de difusión web.  

ÚLTIMAS NOVAS