Menu

Vas a solicitar a baixa dos servizos da web.

Estás seguro?

Solicitar baixa
Agradecementos SON DA SEREA 19
01-08-2019

Agradecementos SON DA SEREA 19

🥰 Como molades 🥰



O #SonDaSerea19 foi unha auténtica pasada 🎊, e todo gracias a todas e cada unha de vós.

A unhas bandazas, 👩‍🎤 👨‍🎤 que durante dous meses estiveron traballando 💪 duro, asistindo a todas as sesións de formación 🎤 no Local e cunha actitude e seriedade digna do que son, profesionais da música.

Grazas 👩‍🎤 👨‍🎤 Jacobo Sainz, Liberad al Kraken, Cubo Metalico, FLAVA BOWL, Anecoid, Fast Fuzz, Ashes of Eden e AnodhoR. É un orgullo para calquera persoa pontevedresa ter enriba dun escenario 🎸 a calquera de vós.

Grazas tamén a Javito, Richard, Luis e Xito 🥇 polo traballazo aos mandos do son e luces. 👏👏 Noraboa.

E como non... ao equipazo do 📝 Curso de produción de eventos musicais, sodes unhas pedazo 🎉 de profesionais que estades listas para traballar en calquera sitio.

Estamos na recta final, pero aínda queda o mellor 😎 de todo. O proxecto "A Peregrina" 🎫, con Fondo Norte ao frente, o sábado 10 de Agosto nas Festas da Peregrina de Pontevédrate.



Están preparando un bolazo 🔥 como colofón 🥳 da música emerxente 🎼 pontevedresa



Foto por Cristina Saiz de PontevedraViva.

ÚLTIMAS NOVAS